En movemento

Esta é a páxina das saídas didácticas deportivas.

KAYAK NA ILLA DE AROUSA

Para despedir o curso os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato foron de ruta pola Illa de Arousa pero sobre o mar.

22 de Xuño 2021

BARRANQUISMO EN CERDEDO-COTOBADE

Os alumnos e alumnas do ciclo disfrutaron dun día espléndido no río facendo saltos, rápel…

14 de Xuño 2021

RUTAS BTT NO CICLO FORMATIVO

Este ano a COVID-19 non puido con nós e conseguimos facer tódalas rutas previstas sen incidentes disfrutando da bici e do medio natural e formándonos para ser futuros guías.

Curso 2020-2021

INICIACIÓN Á ESCALADA

Outra das actividades para completar a formación dos alumnos do ciclo foi escalada, primeiro en rocódromo e despois ó aire libre, na Serra do Galiñeiro.

Curso 2020-2021

RUTAS DE SENDEIRISMO NO CICLO

Durante todo o ano os alumnos do ciclo andiveron a recorrer gran parte das rutas de sendeirismo da provincia.

Curso 2020-2021

EN RUTA DE BTT CO CICLO

Inauguramos o novo ano cunha rutiña en bicicleta de montaña cos alumnos e alumnas do Ciclo de Actividades físicas no medio natural. Día e vistas espectaculares.

burst
IMG_20200115_132730

A PENEDA, PORTUGAL

Os alumnos do ciclo de Actividades Físicas no medio natural xa están en acción, desta vez tocoulles gastar zapatilla e desfrutar das paraxes da Peneda.

Outubro 2018

O CASTROVE

Hoxe chegamos á “Caseta do Cazador” cos alumnos do ciclo no módulo de BTT.

5 Decembro 2018

RUTA MOLINOS SAMIEIRA-PRAIA O LAÑO

Hoxe os alumnos do ciclo conectaron o instituto coa ruta dos molinos de Samieira e a praia do Laño, mar e montaña.

Xaneiro 2019

PATINAXE

Aproveitando as instalacións: ¡Moi ben rapaces o seguinte paso será na rúa!

Xaneiro 2019

MANZANEDA:  1º ESO

Como tódolos anos un grupo de alumnos de 1º de ESO pasaron tres días na estación de montaña de Manzaneda facendo actividades na natureza: sendeirismo, tiro con arco, escalada, etc. O primeiro día antes de subir á estación aproveitamos a mañá para facer unha ruta de sendeirismo en Castro Caldelas: o PR-G 213 “Os bosques máxicos”. Fixemos o bucle corto de 6 km. ó carón do río Edo.

(6-7-8 Maio)

SEMANA VERDE AS MÉDULAS:  3º ESO

Os alumnos da materia de Francés desprazáronse ata “As cabañas de Carucedo” para pasar tres días facendo actividades na natureza e para coñecer todo o que rodea a paisaxe das Médulas.

(14-15-16 Maio)

RÁFTING NO ULLA

Os alumnos do Ciclo formativo disfrutaron dunha mañá facendo unha xornada de formación sobre ráfting no río Ulla. Un día soleado no que a temperatura da auga non foi ningún problema.

21 de Maio

RUTA SENDEIRISMO: O CASTROVE

Os alumnos do Ciclo fixeron de guías para os alumnos de 4º de ESO nesta ruta que parte do instituto e pasa por a Fervenza do Pereiro ata chegar o parque de secuoias situado no monte Castrove, 10 km. de ruta no que o premio é disfrutar das vistas da nosa ría. Ademais os que chegaron con forzas fixeron unha carreira de orientación polo entorno.

(22 Maio)

RUTAS A CABALO

Os alumnos do Ciclo Formativo nunha das súas clases polo monte Castrove coa Escuela Equitación “O Marruxal”

(Maio 2019)

ILLA DE ONS: 2º ESO

Os alumnos de 2º de ESO remataron o curso nunha xornada de convivencia supervisada polos titores de cada grupo na que aproveitaron para facer sendeirismo pola illa e xogos na praia.

(20 de Xuño)