FESTIVAL DE NADAL ACTIVO

Este ano no Festival de Nadal tivemos grandes novidades, ademais das exhibicións de Acrosport, Coreografías con combas e Zumba; fixemos un torneo de Course Navette (proba de Resistencia) no que participaron alumnos e alumnas de tódolos cursos e tamén profesores. Rematamos cun gran encontro de baloncesto entre profesores e alumnos, moi disputado e que ó final rematou cunha  vitoria moi xustiña  por parte dos profesores.