Dende comezo de curso aproveitamos as dúas horas de Educación Física para saír ó aire libre a facer a clase de Educación Física, nestas fotos saen alumnos de 4ºC pero todos os cursos chegaron a coñecer esta ruta dos muíños da Freixa.




Dende comezo de curso aproveitamos as dúas horas de Educación Física para saír ó aire libre a facer a clase de Educación Física, nestas fotos saen alumnos de 4ºC pero todos os cursos chegaron a coñecer esta ruta dos muíños da Freixa.




Este ano no Festival de Nadal tivemos grandes novidades, ademais das exhibicións de Acrosport, Coreografías con combas e Zumba; fixemos un torneo de Course Navette (proba de Resistencia) no que participaron alumnos e alumnas de tódolos cursos e tamén profesores. Rematamos cun gran encontro de baloncesto entre profesores e alumnos, moi disputado e que ó final rematou cunha vitoria moi xustiña por parte dos profesores.
Os alumnos e alumnas de 1º-2º ESO participaron nunha xornada soleada do campionato zonal de campo a través, xunto con alumnos doutros centros educativos de Pontevedra.
En total participamos 25 alumnas e 47 alumnos. Conseguimos clasificar para o Campionato Provincial a 4 alumnos e 1 alumna: Ben feito rapaces!
Impresionante simulacro en Poio con dous mortos e dez feridos con protagonistas do noso instituto: os alumnos de 1º de Bacharelato e do Ciclo.
Hoxe o equipo de CrossFit Salnés – Celtic-Box, con Lucas Goñi como representate, achegáronse con parte do material do Box para facer unha pequena exhibición e clase de Crossfit para os grupos de 1º de Bacharelato, esperamos que agora teñades mais claro que é este deporte (non só levantar rodas).
Ademais nos deixaron información sobre unha carreira de obstáculos que organizan na praia de Baltar de Portonovo apta para tódolos públicos: