¡Qué ben o pasamos hoxe bailando muiñeira!
Alumnos e alumnas de 4º ESO, e algún profesor e profesora, amenizados polo profesor Albano de Xeografía e Historia, bailaron ó ritmo que lles marcou Neiro Quinteiro.






¡Qué ben o pasamos hoxe bailando muiñeira!
Alumnos e alumnas de 4º ESO, e algún profesor e profesora, amenizados polo profesor Albano de Xeografía e Historia, bailaron ó ritmo que lles marcou Neiro Quinteiro.






Hoxe fumos camiñando ata Lourido para disfrutar dunha xornada de xogos e deportes en colaboración coas Escolas deportivas do concello e, en concreto do Club Balonmán Poio Artai-Triatlon Poio e Grupo 7a9.
Fixemos: Balonmán praia, Duathlon, Voleipraia, Pás e Fútbolpraia.








Aproveitando a tregua que nos vai dando a pandemia organizouse para 3º de ESO un torneo entre clases para os alumnos e alumnas de 3º de ESO. Aquí temos @s finalistas.




O profesor de Lingua Galega Pablo Viqueira, recentemente xubilado, deunos unha charla sobre viaxes en bicicleta con alforxas, todo o que se necesita saber para planificar unha viaxe de varios días sobre rodas.




Esta vez tocoulle ós alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO unha xornada de xogos de orientación e gymkhana deportiva nas zonas deportivas da Seca e no Parque da memoria. Sempre baixo a atenta mirada dos seus monitores, os alumnos e alumnas do Ciclo formativo.








Os alumnos e alumnas de 4º de ESO partiron do instituto rumbo ó bosque de Secuoyas do Castrove guiados polos alumnos do ciclo formativo, pasamos pola fervenza do Pereiro e unha que chegamos ó Bosque de Colón fixemos unha pequena carreira de orientación con mapa e brúxula.










Os rapaces e rapazas de 1º de ESO tiveron unha sesión de navegación en barcos Dragóns, dentro do plan XOGADE, quedaron encantados e con gañas de mais.






Os alumnos de 3º de ESO están exercendo de titores con alumnos de 1º de ESO para que se sintan parte importante dentro da comunidade educativa do IES, qué mellor que facendo actividade física.



Esta semana os alumnos e alumnas da ESO participaron nunha sesión de baloncesto a cargo dos entrenadores do BoavilaBásket, temos xa varios fichaxes. En xaneiro tócalle o turno os de Bacharelato.




Por segundo ano consecutivo os alumnos do ciclo medio de actividades físico-deportivas no medio natural presenciaron de forma telemática as charlas do Congreso ibérico de turismo deportivo, moi interesante para completar a formación que reciben no centro.


