O mércores 10 de xaneiro, despois de dous aprazamentos polas malas condicións climáticas, desprazámonos ata Marín para disputar a fase zonal do Campo a través do plan XOGADE. Levamos a alumn@s de 2º e 3º de ESO, categoría cadete. Foi unha mañá espléndida onde disfrutaron do bo tempo e do circuíto. Os resultados foron satisfactorios posto que tod@s quedaron contentos coa súa participación e, especialmente, Hugo Outeda e Álex Esperón que conseguiron un 6º e 7º posto na súa categoría.
¡Parabens a tódolos participantes!